O Concello de Trabada anuncia a apertura do prazo de inscrición, ata o 26 de novembro, para participar no curso “A00-010. Nivel básico de informática”, unha actividade totalmente de balde dirixida aos veciños e veciñas do municipio dentro do programa “E para dixitalizarse Lugo”, impulsado pola Deputación de Lugo e financiado pola Unión Europea a través dos fondos NextGenerationEU.
Lugar de impartición: Casa da Cultura, Rúa do Concello nº 40, 27765 Trabada (Lugo)
Datas e horarios: 12 e 19 de decembro de 2025 // 9, 16, 23 e 30 de xaneiro // 6, 13 e 20 de febreiro de 2026. Horario: de 18:00 a 21:00 horas.
13 e 20 de decembro de 2025 // 10, 17, 24 e 31 de xaneiro // 7, 14 e 21 de febreiro de 2026.
Horario: de 10:00 a 13:00 horas.
Prazas ofertadas: 12
Inscrición presencial: As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición presencialmente no Concello de Trabada ata o 26 de novembro.
O curso ten como obxectivo achegar coñecementos básicos de informática ás persoas que desexen iniciarse no uso do ordenador e das novas tecnoloxías, facilitando así a súa integración dixital e o acceso aos servizos en liña.
O alcalde de Trabada, Rubén García, anima a todos os veciños e veciñas a aproveitar esta oportunidade formativa totalmente gratuíta, destacando “a importancia de avanzar na dixitalización como ferramenta para mellorar a vida cotiá e o acceso aos servizos públicos”.
Ademais, dentro deste mesmo programa “E para dixitalizarse Lugo”, tamén está en marcha outra acción formativa centrada na firma dixital, Chave365 e certificados electrónicos, que se desenvolverá nas seguintes datas:
Lugar: Casa da Cultura
Días: 9, 10, 11, 12, 15, 16 e 17 de decembro
Horario: de 10:00 a 13:00 horas
Prazas limitadas: 12
Inscrición presencial: no Concello de Trabada, ata o 23 de novembro.
Deste modo, o Concello de Trabada continúa apostando pola formación dixital e pola capacitación da cidadanía para o uso das ferramentas tecnolóxicas que facilitan a relación coa administración e co entorno dixital.