Comezan as obras de transformación do complexo deportivo de Trabada para ampliar os seus servizos e convertelo nun espazo de referencia

Comezan as obras de transformación do complexo deportivo de Trabada para ampliar os seus servizos e convertelo nun espazo de referencia

O Concello de Trabada vén de iniciar as obras de transformación do complexo deportivo municipal, unha actuación que permitirá ampliar os seus servizos e continuar mellorando un dos principais espazos públicos do municipio.

O proxecto contempla a reubicación da pista de pádel, a construción dunha nova área de autocaravanas equipada con todos os servizos necesarios —vaciado de augas grises e negras, baños, duchas e conexións de auga e electricidade—, a creación dun novo local multiusos nos antigos vestiarios e diferentes melloras na zona de descanso.

Estas actuacións son posibles grazas á colaboración doutras administracións. O Concello conseguiu unha axuda da Xunta de Galicia de 30.000 euros, á que se suma unha achega da Deputación de Lugo superior aos 150.000 euros, permitindo facer realidade unha actuación estratéxica para o municipio.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destaca que «con estas obras damos un novo paso para completar o complexo deportivo de Trabada, dotándoo de novos servizos e converténdoo nun espazo máis moderno, funcional e preparado tanto para a veciñanza como para as persoas que nos visitan.»

O rexedor subliña ademais que «seguimos aproveitando todas as oportunidades de financiamento doutras administracións para continuar transformando o noso concello con investimentos que melloran os servizos públicos, fomentan o turismo e crean novos espazos de convivencia e lecer.»

Coa execución deste proxecto, o Concello continúa apostando pola mellora das infraestruturas municipais, consolidando o complexo deportivo como un punto de encontro para a práctica deportiva, o ocio e a acollida de visitantes.

Páxina anterior Recursos de Galicia comezará o luns a notificar de forma presencial as bonificacións na factura da luz ás persoas beneficiarias de Trabada

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados