O Concello de Trabada renova o alumeado público en diferentes núcleos do municipio cun investimento de 35.000 euros

O Concello de Trabada renova o alumeado público en diferentes núcleos do municipio cun investimento de 35.000 euros

O Concello de Trabada vén de rematar os traballos de renovación do alumeado público en diferentes puntos do municipio, mediante a substitución das antigas luminarias por novas lámpadas de tecnoloxía LED, que permiten mellorar a eficiencia enerxética e reducir o consumo eléctrico.

As melloras realizáronse nos lugares de Vilapena, no Outeiro e en Vilasusá de Vilaformán, en Leirado e na Praza do Concello de Trabada, cun investimento aproximado de 35.000 euros.

Os traballos consistiron na substitución das luminarias existentes por novos equipos LED, unha tecnoloxía que ofrece un menor consumo enerxético e contribúe a optimizar o funcionamento do alumeado público municipal.

Esta renovación permite avanzar na modernización das instalacións de iluminación, cun sistema máis eficiente e adaptado ás necesidades dos diferentes espazos públicos nos que se levou a cabo a intervención.

Novas melloras nas próximas semanas

O Concello ten previsto iniciar nas próximas semanas outro proxecto de substitución de luminarias, que se desenvolverá en diferentes lugares da parroquia de Trabada.

Esta nova intervención dará continuidade á renovación progresiva do alumeado público, coa finalidade de mellorar a eficiencia das instalacións municipais e reducir o consumo eléctrico.

Deste xeito, as intervencións previstas abranguen diferentes núcleos e espazos públicos do concello, co obxectivo de dispoñer dun alumeado máis eficiente e favorecer un uso responsable dos recursos enerxéticos.

 

Páxina anterior O Concello de Trabada inicia o Programa Municipal de Orientación e Acompañamento a Familias cunha charla sobre o rendemento escolar

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados