O Concello de Trabada fomenta o emprego xuvenil a través do programa Garantía Xuvenil 2026

O Concello de Trabada participa no programa de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, promovido pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa Fondo Social Europeo Plus (FSE+) Galicia 2021-2027.

Esta actuación ten como finalidade mellorar a empregabilidade e favorecer a inserción laboral das persoas mozas desempregadas, facilitándolles unha experiencia profesional mediante o desenvolvemento de tarefas relacionadas cos servizos municipais.

A través deste programa, o Concello de Trabada levou a cabo a contratación de persoal durante un período de nove meses, contribuíndo á adquisición de experiencia laboral e competencias profesionais.

A iniciativa permite reforzar a prestación dos servizos municipais e favorecer as oportunidades de acceso ao mercado laboral da mocidade.

Actuación cofinanciada pola Unión Europea — Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

Páxina anterior A Festa da Enfariñada de Trabada recibe o premio «…E para comer, Lugo» nos VII Premios á Excelencia do Turismo e a Gastronomía

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados