O Concello de Trabada remata as obras de mellora da área recreativa da Choza, na parroquia de Ría de Abres.

O Concello de Trabada remata as obras de mellora da área recreativa da Choza, na parroquia de Ría de Abres.

O Concello de Trabada vén de rematar unha nova fase das obras de mellora e acondicionamento da área recreativa da Choza, situada na parroquia de Ría de Abres, dando continuidade aos traballos de renovación dos diferentes elementos que conforman este espazo de lecer.

A intervención contou cun investimento total de algo máis de 18.000 euros, para o que o Concello obtivo unha subvención de aproximadamente 15.000 euros, destinada á realización de actuacións en espazos da Rede Natura 2000.

Nesta ocasión, os traballos centráronse en continuar coa substitución das varandas da parte superior da área recreativa, así como na renovación dos paneis informativos situados en diferentes puntos deste espazo.

Estas actuacións complementan as realizadas durante o pasado ano, cando se procedeu á substitución das mesas, das papeleiras, das fontes e de parte das varandas da área recreativa.

Renovación progresiva da área recreativa

O alcalde de Trabada, Rubén García Freije, sinala que o obxectivo é continuar coa renovación progresiva dos elementos que integran este espazo, mellorando as súas instalacións e favorecendo o seu uso e desfrute tanto pola veciñanza como polas persoas que visitan o municipio.

Neste sentido, o rexedor indica que o Concello continuará solicitando novas axudas que permitan desenvolver futuras intervencións ata completar a renovación da totalidade dos elementos da área recreativa.

Estas actuacións teñen como finalidade conservar e acondicionar os espazos públicos do municipio, compatibilizando o seu aproveitamento como lugares de lecer coa protección e o respecto pola contorna natural na que se atopan.

 

Páxina anterior Trabada celebrará o seu Mercadiño de Nadal o 19 de decembro cunha xornada de actividades para todos os públicos

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados