O Concello de Trabada pon en marcha un novo centro de estudos situado nas antigas instalacións da biblioteca, na Casa da Cultura, co obxectivo de ofrecer á veciñanza un espazo público e gratuíto no que estudar, consultar material bibliográfico e realizar diferentes tarefas académicas. O novo centro estará aberto de luns a domingo, en horario […]
O Concello de Trabada solicitou unha reunión con carácter urxente para coñecer con detalle as condicións e o procedemento de aplicación das bonificacións na factura eléctrica vinculadas ao programa Mondigo Beneficia, ante as dúbidas que está trasladando a veciñanza. O alcalde, Rubén García Freije, remitiu unha mesma carta á Consellería de Economía e Industria da […]
O Concello de Trabada vén de iniciar as obras de mellora dunha estrada municipal na parroquia de Valboa, nun tramo de aproximadamente 800 metros que parte da contorna da igrexa en dirección ao lugar de Sequeiro. O proxecto, cun investimento de algo máis de 45.000 euros, está incluído no Plan de Cooperación cos Concellos da […]
O Concello de Trabada organiza unha nova viaxe dentro do programa «Viaxa co Concello de Trabada», que nesta ocasión terá como destino Portugal. A actividade desenvolverase os días 6, 7 e 8 de novembro e permitirá ás persoas participantes coñecer Oporto, Aveiro e o Bom Jesus do Monte. Esta iniciativa, que conta cunha moi boa […]
O Concello de Trabada informa do remate das obras de mellora da contorna da capela de San Miguel, en Vilapercide. Unha intervención coa que se acondicionou este espazo da parroquia e se renovaron diferentes elementos. Os traballos consistiron na construción dun novo muro de contención, a rehabilitación da fonte e a renovación da varanda. Esta […]
A piscina municipal de Trabada pecha hoxe as súas portas tras unha tempada de verán que deixa un balance moi positivo. Por primeira vez, as instalacións permaneceron abertas durante tres meses e acadaron o récord de asistencia. Durante este verán, o Concello incorporou tamén diferentes novidades para mellorar o espazo e facelo máis cómodo para […]
O Concello de Trabada pon en marcha un novo curso do programa de terapia ocupacional dirixido ás persoas maiores, unha iniciativa gratuíta que se vén desenvolvendo desde hai anos e que conta cunha moi boa acollida entre as persoas participantes. As sesións comezarán os días 29 e 30 de setembro e 1 de outubro, e […]
O colexio de Trabada inicia un novo curso escolar despois de que o Concello realizase nos últimos días diferentes traballos de mantemento e mellora das súas instalacións. As intervencións levadas a cabo incluíron a mellora das portas de entrada ao centro, a substitución de cristais das fiestras e a reparación das persianas. O alcalde de […]
O Concello de Trabada vén de rematar as obras de mellora dos accesos á antiga escola da parroquia de Fórnea, unha intervención destinada a acondicionar este espazo público e mellorar as condicións para o seu uso por parte da veciñanza. Os traballos incluíron a substitución da antiga varanda, que se atopaba deteriorada, por unha nova, […]
Os campamentos de verán do Concello de Trabada, tanto o campamento infantil como o campamento xuvenil, rematan despois de dous meses de actividade, cunha participación conxunta de máis de 50 nenos, nenas, rapaces e rapazas. As actividades desenvolvidas durante os meses de xullo e agosto tiveron unha moi boa acollida entre as familias do municipio, […]
A parroquia de Sante acollerá este domingo, 30 de agosto, a III Voltiña a Sante, unha proposta organizada pola Asociación de Veciños San Julián de Sante, en colaboración co Concello de Trabada e Trabada paso a paso, que combinará unha ruta pola contorna cunha xornada de convivencia entre participantes e veciñanza. A actividade dará comezo […]