Categoría Entretemento
O próximo sábado, 8 de maio ás 19h na Praza do Concello acolleremos o espectáculo de Carmen Conde, «A aldea das mulleres» que transcorre ao tempo que debulla fabas.
Mentres ela vai debagando historias, con ese poder simbólico que ten “buscarse os feixóns”, constrúe a aldea das mulleres con relatos das habitantes, que rexen o seu destino, teñen as súas leis, viven emancipadas e tallan en pedra ornamentada os seus nomes para a Historia.
E, como fío condutor, unha legume chea de supersticións, maldita, cargada de ánimas, empregada para a xustiza, como afrodisíaco e como o único para roer en tempos da fame.
Fabas e mulleres nunha sesión-aldea que acubilla liberdades, rompe silencios e achega ao público historias apañadas da horta da realidade.
Agardámosvos!
gl_ESGalego