O CONCELLO DE TRABADA RETOMA AS ACTIVIDADES DEPORTIVAS E SAUDABLES PARA DIFERENTES IDADES

O Concello de Trabada retoma as actividades deportivas dirixidas a persoas adultas de diferentes idades, co obxectivo de promover os hábitos de vida saudables. En concreto, o concello informa aos seus veciños e veciñas que dende o martes 4 de outubro reanúdase o programa “+ SÁUDE”, dirixido ás persoas maiores do municipio.  “É un programa […]

O CONCELLO DE TRABADA MELLORA AS INSTALACIÓNS DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DE SANTE COAS OBRAS DOS NOVOS VESTIARIOS

O concelleiro de Deportes e Saúde do Concello de Trabada, Rubén García, e a concelleira de Educación, Igualdade e Desenvolvemento Local, Julia Barcia, supervisaron no día de hoxe a execución das obras dos novos vestiarios no pavillón polideportivo de Sante. O proxecto consiste na instalación duns vestiarios no pavillón polideportivo de Sante para lograr un […]

O CONCELLO DE TRABADA FAI UN BALANCE MOI SATISFACTORIO DAS ACTIVIDADES DE VERÁN PARA NENOS E NENAS, QUE FACILITAN A CONCILIACIÓN ÁS FAMILIAS

O Concello de Trabada fai un balance moi satisfactorio das actividades de verán para os nenos e nenas, que rexistraron unha elevada asistencia e facilitan a conciliación familiar na temporada estival. O concelleiro de Deportes e Saúde do Concello de Trabada, Rubén García, visitou esta mañá os nenos e nenas do campamento de verán e […]

O CONCELLO DE TRABADA ACOLLE NAS FESTAS PATRONAIS UNHA AMPLA PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES LÚDICAS E DE LECER PARA TODAS AS IDADES

O Concello de Trabada acolle desde este venres, día 12, e coincidindo coas festas patronais unha ampla programación de actividades lúdicas e de lecer para os seus veciños e visitantes. “Nuns días de numerosos encontros familiares e de amizade en Trabada, quixemos confeccionar unha programación familiar, apostando ademais pola cultura galega e pola gastronomía baseada […]

A XUNTA CONSULTIVA EN MATERIA DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO E URBANISMO DE GALICIA INFORMA “FAVORABLEMENTE” O PLAN BÁSICO MUNICIPAL DE TRABADA

A alcaldesa e deputada provincial delegada da área de Economía, Recadación e Facenda, Mayra García Bermúdez, asistiu hoxe en Santiago ao pleno da Xunta Consultiva en Materia de Ordenación do Territorio e Urbanismo de Galicia, na que se informou “favorablemente” o plan básico municipal de Trabada. O plan básico municipal marcará un antes e un […]

A ALCALDESA DE TRABALLA SOLICITA UNHA SUBVENCIÓN PARA COFINACIAR AS ACTIVIDADES DE CONCILIACIÓN QUE O CONCELLO TEN EN MARCHA

A alcaldesa do Concello de Trabada, Mayra García Bermúdez, solicitou á Xunta de Galicia, ao abeiro do Plan Corresponsables da Secretaría Xeral de igualdade, unha subvención para cofinanciar os programas de concilación da vida familiar e laboral impulsados polo goberno municipal. Unha vez máis, a convocatoria da Xunta foi en réxime de concorrencia non competitiva, […]

A PRAZA DO CONCELLO DE TRABADA ACOLLE UN ANO MÁIS A PROGRAMACIÓN CULTURAL ‘SERÁNS CULTURAIS’

O Concello de Trabada presenta a súa programación cultural e lúdica para este verán baixo o nome ‘Seráns Culturais’. A programación ofrece diferentes espectáculos artísticos, como concertos, musicais ou maxia, con eventos dirixidos a todos os públicos. Os eventos celebraranse todas, agás as actividades fluviais, na praza do Concello de Trabada, que se converterá un […]

A ALCALDESA DE TRABADA TRASLÁDALLE AO CONSELLEIRO DE MEDIO RURAL OS PROXECTOS PENDENTES E AS DEMANDAS HISTÓRICAS DOS VECIÑOS E VECIÑAS DO CONCELLO

A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, envioulle unha carta ao conselleiro de Medio Rural, José González Vázquez, para trasladarlle os proxectos pendentes e as demandas históricas dos veciños e veciñas do concello, entre as que destaca a concentración parcelaria en Monte da Vilapena. Na carta, García Bermúdez lembra que “o 5 de outubro de […]

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados