Antiga escola de Valboa Trabada

O Concello de Trabada recibe unha subvención para iniciar a rehabilitación da vivenda na antiga escola de Valboa

O Concello de Trabada vén de obter unha nova subvención para acometer a rehabilitación da primeira planta da antiga escola de Valboa, destinada a vivenda. Este proxecto contará cun orzamento total de 52.631,56 euros, dos cales 43.054,97 euros foron conseguidos grazas a financiamento desta axuda, mentres que os 9.576,59 euros restantes serán achegados con fondos […]

O Concello de Trabada finaliza a mellora de varias estradas municipais en Vilaformán e Sante

O Concello de Trabada vén de rematar os traballos de mellora en varias estradas municipais nas parroquias de Vilaformán e Sante, dentro do plan de mellora de infraestruturas locais impulsado polo goberno municipal. Estas actuacións forman parte dun convenio asinado coa Deputación de Lugo cun orzamento total de 105.000 euros. Ademais destas melloras viarias, nas […]

Xogos e actividades Pascua Sante 2025

O Concello de Trabada colabora coas asociacións e clubs locais para dinamizar o municipio

O Concello de Trabada reafirma o seu compromiso coa dinamización social e cultural do municipio a través da colaboración con diferentes asociacións e clubs locais. Neste sentido, colabora coa Asociación de Veciños de Sante na organización dos «Xogos e actividades de Pascua», un evento pensado para a diversión da xuventude que se celebrará o próximo […]

Encontro Pedro Murias Ribadeo Faba Lourenzá

O Concello de Trabada valora positivamente as medidas anunciadas pola Consellería de Medio Rural en apoio aos produtores da IXP Faba de Lourenzá

O Concello de Trabada acolle con satisfacción as medidas anunciadas pola conselleira do Medio Rural, María José Gómez, durante o encontro celebrado o pasado venres no Centro de Formación e Experimentación Agraria Pedro Murias en Ribadeo. Na reunión, na que participaron alcaldes e representantes municipais da zona, estivo presente o alcalde de Trabada, Rubén García, […]

O Concello de Trabada solicita unha nova subvención para a mellora da iluminación pública

O Concello de Trabada solicita unha nova subvención para a mellora da iluminación pública

O Concello de Trabada vén de solicitar unha nova subvención á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes para a substitución de luminarias en varios núcleos do municipio. Con esta iniciativa, o goberno municipal busca continuar co seu compromiso de mellora da eficiencia enerxética e aforro no consumo eléctrico. O proxecto, cun orzamento […]

Reunión Consellería Medio Rural sobre produción Faba de Lourenzá (2)

O Concello de Trabada valora positivamente a reunión coa Consellería do Medio Rural para impulsar a produción da Faba de Lourenzá

O alcalde de Trabada, Rubén García, participou onte nunha reunión coa conselleira do Medio Rural, María José Gómez, para abordar a situación da produción da Faba de Lourenzá e buscar posibles vías de colaboración que beneficien aos produtores. No encontro, celebrado en Santiago de Compostela, estiveron presentes Marcos Cabanas, en representación dos produtores de faba […]

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados