Trabada vivirá os días 14, 15 e 16 de agosto tres intensas xornadas de celebración con motivo das súas festas patronais na honra á Nosa Señora e a San Roque. Música, gastronomía e tradición combinaranse nun programa pensado para todos os públicos, organizado pola comisión de festas coa colaboración do Concello de Trabada. As festas […]
O Concello de Trabada informa de que está aberto o prazo de inscrición para participar nas actividades de pilates e baile de salón, que se impartirán todos os xoves a partir de setembro na sala multiusos da Casa da Cultura. De 18:00 a 19:00 horas será pilates , cun prezo de 30 € por persoa […]
Coincidindo coas festas patronais, o Concello de Trabada organiza os días 15 e 16 de agosto unhas xornadas de portas abertas no Museo Etnográfico Xosé Rocha, en horario de 18:30 a 20:30 horas. Durante ambas tardes, a veciñanza e visitantes poderán achegarse a este espazo dedicado á memoria colectiva e ao patrimonio cultural de Trabada. […]
A Cadeira acollerá este sábado 9 de agosto a súa tradicional Xira en honor a San Marcos, unha cita consolidada no calendario estival do municipio que este ano cumpre a súa vixésimo segunda edición. A xornada festiva dará comezo ás 13:30 horas coa procesión en honra ao santo. A continuación, terá lugar unha animada sesión […]
O Concello de Trabada vén de instalar dous novos tobogáns na piscina municipal co obxectivo de mellorar as instalacións deportivas e ampliar as opcións de lecer para os nenos e nenas do municipio durante a tempada de verán. A medida enmárcase dentro da liña de traballo do Concello para seguir ofrecendo servizos públicos de calidade, […]
A Asociación Cultural O Picato organiza este xoves, 7 de agosto, unha nova edición do Día do Neno/a que terá lugar na pista multideporte de Trabada, en horario de 16:00 a 20:00 horas. A actividade conta coa colaboración do Concello de Trabada e da Xunta de Galicia. Durante a tarde, as nenas e nenos poderán […]
A parroquia de Vilaformán acolle desde esta tarde unha nova edición do programa Veiguelleo, unha proposta cultural organizada pola Asociación Cultural O Veiguello coa colaboración do Concello de Trabada. Trátase dunha iniciativa aberta a toda a veciñanza, que este ano volve celebrarse tras o éxito que acadou a edición anterior. O programa desenvolverase en dúas […]
O Concello de Trabada continúa apoiando a organización de eventos que dinamizan o municipio e contribúen a manter viva a tradición nas diferentes parroquias. Esta fin de semana, os lugares de Trabadela (na parroquia de Sante) e Vilapena serán escenario de celebracións con gastronomía, música e actividades para todos os públicos. En Trabadela, o venres […]
Trabada acolle o vindeiro venres 8 de agosto ás 19:00 horas unha actividade deportiva totalmente nova no municipio: unha carreira-andaina de orientación, organizada por Castropol Deporte coa colaboración do Concello de Trabada. A proba terá lugar polo casco urbano de Trabada, con saída desde a Praza do Concello, e está pensada para todos os públicos, […]
O Concello de Trabada informa de que mañá martes 22 de xullo abre o prazo de inscrición para os programas de conciliación Madrugadores e Ludiseráns, que se desenvolverán ao longo de todo o curso escolar 2025–2026 co obxectivo de facilitar a organización da vida familiar e laboral das familias do municipio. As persoas interesadas poderán […]