O Concello de Trabada solicita unha subvención para mellorar o miradoiro da Área recreativa de A Choza

O Concello de Trabada solicita unha subvención para mellorar o miradoiro da Área recreativa de A Choza

O Concello de Trabada vén de presentar unha solicitude á Axencia de Turismo de Galicia para obter unha subvención destinada á mellora e recuperación de infraestruturas turísticas. O proxecto, que conta cun orzamento de 30.000 euros, céntrase na adecuación, recuperación e tratamento paisaxístico do miradoiro da Área recreativa de A Choza. Segundo explicou o alcalde, […]

100 anos Tomasa Reimondo Trabada

O Concello de Trabada felicita a Tomasa Reimondo González polos seus 100 anos

O alcalde de Trabada, Rubén García, e a concelleira Rosa Prieto visitaron esta mañá a Tomasa Reimondo González, veciña de Orrea, na parroquia de Trabada, para celebrar xuntos o seu 100º aniversario. Durante o emotivo encontro, o rexedor trasladoulle o agarimo de todo o municipio, destacando a importancia de celebrar a vida e a experiencia […]

Visita da Asociación Saúde Mental A Mariña ao Concello de Trabada

O Concello de Trabada recibiu onte a visita da Asociación Saúde Mental A Mariña, nunha xornada de intercambio e colaboración que resultou moi agradable e produtiva. Durante o encontro abordáronse os distintos proxectos que ambas entidades desenvolven en conxunto. Un deles é a elaboración das tradicionais cuncas da Enfariñada, evento que se celebrará o vindeiro […]

Actualización das zonas demarcadas pola praga da polilla guatemalteca da pataca

O Concello de Trabada informa que, conforme á Resolución da Consellería de Medio Rural, publicada no Diario Oficial de Galicia o 3 de febreiro de 2025, a parroquia de Trabada pasa a considerarse zona tampón pola presenza da praga Tecia solanivora Povolny (polilla guatemalteca da pataca). O que permite que agora se poida cultivar pataca, […]

Solicitada unha axuda para rehabilitar a antiga escola de mestres de Valboa de Trabada

O Concello de Trabada vén de solicitar unha subvención ao Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) dentro dunha orde de axudas de concorrencia non competitiva, dirixida á rehabilitación de edifi cacións e vivendas de titularidade municipal destinadas ao alugueiro social. O prazo para presentar solicitudes nesta orde de subvencións abriuse esta mesma noite, ás […]

A presenza de Trabada en FITUR reforza o impulso ao turismo na Mariña Oriental

O alcalde de Trabada, Rubén García, participou na 45ª edición da Feira Internacional de Turismo (FITUR), que se celebra estes días en Madrid. A súa presenza nun evento de tal envergadura ten como obxectivo promocionar o concello e potenciar a visibilidade da Mariña Oriental, unha comarca en constante crecemento no ámbito turístico. Rubén García subliñou […]

Ayuntamiento de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados