Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

OS 24 NENOS E NENAS QUE PARTICIPAN DESDE HOXE NOS CAMPAMENTOS DE VERÁN DO CONCELLO DE TRABADA PODERÁN IR TAMÉN A CURSOS DE NATACIÓN DOUS DÍAS Á SEMANA

OS 24 NENOS E NENAS QUE PARTICIPAN DESDE HOXE NOS CAMPAMENTOS DE VERÁN DO CONCELLO DE TRABADA PODERÁN IR TAMÉN A CURSOS DE NATACIÓN DOUS DÍAS Á SEMANA

O Concello de Trabada puxo esta mañá en marcha os seus Campamentos Urbanos de Verán 2021, unha iniciativa que ten como obxectivo prioritario axudar ás familias a conciliar a vida persoal e laboral.

Un total de 24 nenos e nenas participan nestes campamentos e poderán ir ademais aos cursos de natación que darán comezo a próxima semana, en concreto os luns e os mercores de 13 a 14 horas. O Concello de Trabada ofrece tamén estes cursos de forma gratuíta aos adultos os martes e xoves de 12 a 13 horas (para inscricións, pódese chamar ao concello, 982 - 13 50 11).

Os campamentos de verán para nenos e nenas favorecen a conciliación das familias de Trabada e das persoas que traballan en Trabada ou teñen familia no concello, coa finalidade de prestar un servicio que dé maior cobertura ás familias

“Para as familias nas que os proxenitores traballan, é moi importante contar con este servizo de atención e coidado aos menores, compatibilizando desta maneira o período non lectivo coa xornada laboral”, lembra a alcaldesa de Trabada, Mayra García.

Os campamentos cumpren e aplican todos os protocolos e recomendacións Covid-19, aproveitando os espazos ao aire libre.

O servizo prestarase ata a primeira semana de setembro, con actividades de ocio e ocupación do tempo de lecer baseadas nos principios da educación non formal, en horario de 10.00 a 14.00 horas.

Páxina anterior PLAN MELLORA DE CAMIÑOS DE TITULARIDADE MUNICIPAL 2020-2021

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Horario:

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

Concello de trabada 2021 - Todos os dereitos reservados

gl_ESGalego