Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

O CONCELLO DE TRABADA TERÁ UNHA VARIADA PROGRAMACIÓN CULTURAL DE VERÁN CON ESPECTÁCULOS PARA TODAS AS IDADES

O CONCELLO DE TRABADA TERÁ UNHA VARIADA PROGRAMACIÓN CULTURAL DE VERÁN CON ESPECTÁCULOS PARA TODAS AS IDADES

A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, aproveitou hoxe a súa visita aos nenos e nenas que participan no campamento de verán para anunciar a programación cultural, que durante as próximas semanas levará ao concello espectáculos para todas as idades.
 
A propia alcaldesa tramitou unha nova subvención da Xunta de Galicia que se aprobaba por orde de entrada das solicitudes, ás doce da noite, para que os espectáculos do programa ‘Cultura no Camiño’ cheguen a Trabada. O concello aportará 1.580 euros e a Xunta 6.000 euros.
 
‘Cultura no Camiño’ é un programa financiado por Agadic e Agatur que se celebra nos concellos gallegos polos que pasa algunha das rutas recoñecidas.
 
A praza do Concello de Trabada será o escenario de varios espectáculos de música, teatro, danza, maxia e novo circo (o primeiro deles o 28 de xullo e o último o 31 de agosto). Ampliarase a información nas próximas datas.
 
Por outra parte, de cara aos festivos locais deste ano, o Concello de Trabada organizará durante os días 14, 15 e 16 de agosto dous concertos musicais ao mediodía e dúas proxeccións de películas pola noite na praza do Concello.
 
“En Trabada apostamos pola cultura segura, con espectáculos ao aire libre para un público familiar e cumprindo con todos os protocolos Covid-19”, asegura Mayra García
 
A alcaldesa de Trabada estivo hoxe cos 24 nenos e nenas que participan nos Campamentos Urbanos de Verán 2021, unha iniciativa que ten como obxectivo prioritario axudar ás familias a conciliar a vida persoal e laboral.
Páxina anterior OS 24 NENOS E NENAS QUE PARTICIPAN DESDE HOXE NOS CAMPAMENTOS DE VERÁN DO CONCELLO DE TRABADA PODERÁN IR TAMÉN A CURSOS DE NATACIÓN DOUS DÍAS Á SEMANA

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Horario:

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

Concello de trabada 2021 - Todos os dereitos reservados

gl_ESGalego