Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

O CONCELLO DE TRABADA PON EN MARCHA O SISTEMA DE RESERVA ONLINE DA NOVA PISTA DE PÁDEL A TRAVÉS DA WEB MUNICIPAL

O CONCELLO DE TRABADA PON EN MARCHA O SISTEMA DE RESERVA ONLINE DA NOVA PISTA DE PÁDEL A TRAVÉS DA WEB MUNICIPAL

O Concello de Trabada informa aos seus veciños e veciñas que xa está operativo desde hoxe o sistema de reserva online da pista de pádel a través da páxina web municipal.
 
O sistema é moi sinxelo, xa que tan só é necesario entrar no seguinte enlace para reservar a pista de pádel durante 90 minutos: https://trabada.gal/reservas/?product=pista1
 
A reserva da pista e o pago realízanse de forma online. Posteriormente, é necesario recoller a ficha que abre a porta das instalacións no Concello de Trabada.
 
A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, amosa a súa satisfacción “por proporcionar aos veciños e veciñas unha nova instalación deportiva para a práctica dun deporte en auxe como é o pádel”. A pista está ubicada nas instalacións do campo de fútbol municipal, que estaba en desuso porque non cumpría as medidas reglamentarias.
 
A pista está ubicada nas instalacións do campo de fútbol municipal, que estaba en desuso porque non cumpría as medidas reglamentarias.
 
Desde o Concello tamén traballan en impulsar e promover máis proxectos para este emprazamento, co fin de que contribúan a mellorar as dotacións públicas municipais e a fomentar os hábitos de vida saudables.
Páxina anterior UN PEREGRINO DE NACIONALIDADE ITALIANA, ANDREA BIANCHI, PRIMEIRA PERSOA QUE PERNOITA NO NOVO ALBERGUE MUNICIPAL DO CONCELLO DE TRABADA

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Horario:

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

Concello de trabada 2021 - Todos os dereitos reservados

gl_ESGalego