Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

O CENTRO DE SAÚDE DE TRABADA ATÓPASE HOXE EN DÍA SEN MÉDICO POR DIVERSOS MOTIVOS E O CONCELLO DEMANDA AO SERGAS UNHA SOLUCIÓN INMEDIATA

O CENTRO DE SAÚDE DE TRABADA ATÓPASE HOXE EN DÍA SEN MÉDICO POR DIVERSOS MOTIVOS E O CONCELLO DEMANDA AO SERGAS UNHA SOLUCIÓN INMEDIATA

O Concello de Trabada demanda ao Sergas unha solución inmediata á situación na que se atopa a día de hoxe o centro de saúde, sen médico por diversos motivos.

“É unha situación que non se pode repetir, os veciñas e veciñas de Trabada merecen uns servizos públicos de calidade e atención médica sen desprazarse, polo que o Sergas debe solucionar este problema de inmediato”, asegura a alcaldesa, Mayra García Bermúdez.

A alcaldesa remitiulle un escrito ao director xeral de Asistencia Sanitaria da Xunta, Jorge Aboal, solicitándolle que restablezan os servicios médicos.

Esta non é unha cuestión menor, pois o dereito á protección da saúde está recoñecido na Constitución Española e tendo en conta o envellecemento da poboación do concello, cunha ampla dispersión poboacional para facer as visitas domiciliarias, faise se cabe máis necesario contar cun servicio asistencial ben dotado; de aí a importancia duns servicios públicos de calidade no rural.

“En Trabada sufrimos unha vez máis os recortes nos servicios públicos competencia da Xunta. No colexio suprimiron a aula de educación Infantil porque non había un mínimo de seis alumnos no seu día, ahora hai nove alumnos pero seguen sin habilitala”, engade García Bermúdez.

“Suprimen paradas nas liñas de transporte a centros públicos de ensino e no rural os alumnos e alumnas deben desprazarse a Concellos limítrofes polo que o transporte é fundamental para poder continuar os estudos”, remata a alcaldesa.

Páxina anterior TRABADA ADXUDICA AS OBRAS PARA RENOVAR O XIMNASIO E OS VESTIARIOS DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Horario:

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

Concello de trabada 2021 - Todos os dereitos reservados

gl_ESGalego