Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

TRABADA E RIBADEO CONSEGUEN A SUBVENCIÓN QUE SOLICITARON Á XUNTA PARA ACONDICIONAR A PONTE DE UNIÓN ENTRE AS PARROQUIAS DE VALBOA E CEDOFEITA

TRABADA E RIBADEO CONSEGUEN A SUBVENCIÓN QUE SOLICITARON Á XUNTA PARA ACONDICIONAR A PONTE DE UNIÓN ENTRE AS PARROQUIAS DE VALBOA E CEDOFEITA

Os concellos de Trabada e Ribadeo conseguiron a subvención que solicitaron de forma conxunta á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta para acondicionar e pavimentar un camiño supramunicipal que une a través dunha ponte as parroquias trabadense de Valboa e a ribadense de Cedofeita.

“Agradecemos a axuda pero lamentamos que non alcance o máximo establecido na orde, que era o 80% do orzamento co límite de 50.000 euros para as solicitudes conxuntas, como neste caso”, afirma a alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez. O orzamento das obras é de 62.500 euros e a axuda concedida de 43.750 euros, o 70% do custe total, co cal o 30% restante deben asumilo directamente ambos concellos con fondos propios.

A actuación consistirá no acondicionamento e pavimentación do tramo, a prolongación da obra de paso existente sobre o rego Ferreira e a instalación de barreiras de seguridade en ambas marxes, coa finalidade de dotar uns accesos en boas condicións

“É unha obra urxente para acondicionar o vial ao tránsito de vehículos, mellorando a comunicación e a seguridade viaria, porque o vial tamén serve de acceso a fincas agrícolas e a explotacións gandeiras, así como a parcelas forestais, polo que o tráfico pesado é importante e ocasiona un maior deterioro. Con esta actuación, mellorarase ademais o trazado da curva existente para facilitar os xiros de vehículos pesados”, indica García Bermúdez.

Fernando Suárez, alcalde de Ribadeo, considera que “estas actuacións conxuntas en viarios que unen dous concellos supoñen o único xeito de actuar de xeito eficiente e eficaz para que os veciños e veciñas de ambos os dous municipios se vexan beneficiados”.

Por outra parte, a notificación de concesión establece a data límite de xustificación o 31 de outubro, pero a Xunta publicou a convocatoria o 11 de xaneiro e tiña tres meses para resolvela. “Visto que a Xunta incumpriu o prazo, xa que rematou o 11 de abril, agardamos que se continúa o problema coas licitacións amplíen tamén o prazo de xustificación”, engade a alcaldesa de Trabada.

Páxina anterior TRABADA APROBA UN CONVENIO CO CONCELLO DE RIBADEO PARA O SUBMINISTRO DE AUGA A VILARBETOTE, SANTE, A RABEXA, PEDRIDO, PACIOS, SAN MARTIÑO E VILAFERNANDO

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Horario:

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

Concello de trabada 2021 - Todos os dereitos reservados

gl_ESGalego