Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

O CONCELLO DE TRABADA RECIBE A MARTA PEDROSA E ACUAE PUGA TRAS GAÑAR O BRONCE NO NACIONAL DE REMO OLÍMPICO

O CONCELLO DE TRABADA RECIBE A MARTA PEDROSA E ACUAE PUGA TRAS GAÑAR O BRONCE NO NACIONAL DE REMO OLÍMPICO

A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, xunto aos concelleiros Julia María Barcia e Rubén García, recibiu hoxe ás deportistas Marta Pedrosa e Acuae Puga do Club Remeros del Eo. O equipo, formado por unha rapaza de Ría de Abres (Trabada) e outra de Abres (Vegadeo), vén de lograr o bronce no Campionato Nacional de Remo Olímpico en categoría xuvenil.

“É un orgullo ver que hai futuro para os nosos nenos e nenas que queren dedicarse ao deporte nos concellos do rural”, expresou Mayra García Bermúdez, alcadesa de Trabada, quen felicitou a Marta e Acuae, polos seus éxitos deportivos e desexoulles o mellor para as vindeiras competicións.

O apoio ao deporte é fundamental dende a administración local, “polos valores sociais tan importantes que promove, fundamentais para o progreso dunha sociedade, como son o esforzo, a constancia, a vontade de superación, o compañeirismo e o respecto polos demais”, pero tamén pola súa capacidade “para a promoción do territorio e o turismo”, engadiu a rexedora.

Páxina anterior O CONCELLO ABRE A PISCINA MUNICIPAL A PESAR DAS DIFICULTADES PARA ATOPAR SOCORRISTAS POLA ACTUAL NORMATIVA DA XUNTA

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Horario:

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

Concello de trabada 2021 - Todos os dereitos reservados

gl_ESGalego