Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

A ALCALDESA DE TRABADA LEMBRA QUE FOI O CONCELLO “QUEN CONSIDEROU IDÓNEAS, REALIZOU A MEMORIA TÉCNICA E SOLICITOU AS AXUDAS” PARA RENOVAR A FACHADA CONSISTORIAL

A ALCALDESA DE TRABADA LEMBRA QUE FOI O CONCELLO “QUEN CONSIDEROU IDÓNEAS, REALIZOU A MEMORIA TÉCNICA E SOLICITOU AS AXUDAS” PARA RENOVAR A FACHADA CONSISTORIAL

A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, lembra que foi o concello quen conseguiu a subvención para pintar, reparar as humidades e selar as fendas e irregularidades da fachada da casa consistorial.

“Despois da falta de lealdade institucional por parte da Xunta de Galicia, posto que os representantes do PP de Trabada fixéronse eco nas redes sociais desta axuda concedida ao concello dúas semanas antes da súa notificación oficial, hoxe o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou as obras como se fosen unha iniciativa do goberno autonómico”, engade García Bermúdez.

A realidade é que, unha vez máis, foi a propia alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, a que considerou idónea esta convocatoria para o concello e a que encargou a realización da memoria técnica presentada. “Somos un goberno que planifica, que ten proxectos e que, en definitiva, traballa con previsión”, afirma.

“Tratábase unha vez máis dunha convocatoria en concorrencia non competitiva; neste caso abríase o prazo ás 12:00 horas e fumos os primeiros en tramitala, xa que o noso expediente foi o primeiro”, sostén a alcaldesa de Trabada.

A convocatoria das axudas, do Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, estaba destinada á reparación de fachadas de edificios públicos. O orzamento da actuación é de case 30.000 euros, polo que o concello aportou uns 10.000 euros.

“O único que fixo a Xunta neste mandato sen que eu o pedira foron dúas pasarelas, unha delas aínda en execución e que son un perigo porque a madeira é resbaladiza e, ademais, onde se inicia a senda é nunha curva e hai pouca visibilidade; por outra parte, acumúlase xeo no inverno”, asegura Mayra García Bermúdez, que lamenta que “non se arranxara a estrada dese lugar como lle solicitamos en anteriores visitas ao delegado”.

Páxina anterior O CONCELLO DE TRABADA RETOMA AS ACTIVIDADES DEPORTIVAS E SAUDABLES PARA DIFERENTES IDADES

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Horario:

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

Concello de trabada 2021 - Todos os dereitos reservados

gl_ESGalego