O CONCELLO INICIOU NO ANO 2021 MÁIS DE 20 OBRAS E ACTUACIÓNS PARA MELLORAR OS SERVIZOS E INFRAESTRUTURAS MUNICIPAIS

O Concello de Trabada aprobou en pleno a liquidación do orzamento do 2021, pechando o exercicio cuns créditos definitivos de 2.705.280,15 euros, despois de inicialo con 1.592.037,95 euros. “Esta xestión económica realizada polo goberno municipal permitiunos levar a cabo numerosas obras para renovar os servizos e infraestruturas públicas; actuacións todas elas dirixidas a mellorar a […]

O CONCELLO CONSIGUE UNHA SUBVENCIÓN DE 30.000 EUROS PARA MELLORAR OS ACCESOS ENTRE O APARCADOIRO DE AUTOCARAVANAS E A ÁREA DE CHOZA

O Concello de Trabada conseguiu unha nova subvención, neste caso de 30.000 euros, para unha actuación destinada a mellorar os accesos entre o aparcadoiro de autocaravanas e a área recreativa de Choza. A convocatoria das axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, correspondeu á Axencia de Turismo de Galicia e o prazo de presentación das […]

O CONCELLO SOLICITA UNHA SUBVENCIÓN PARA MELLORAR O TRAMO DO CAMIÑO DE SANTIAGO QUE UNE A CAPITALIDADE DO MUNICIPIO COA FONTE DE PORTO DO MALLE

O Concello de Trabada solicitou unha subvención da Xunta de Galicia para acometer un proxecto de mellora e embelecemento do entorno do Camiño de Santiago entre o municipio e unha fonte de gran valor para os veciños situada nas inmediacions de Porto do Malle. A convocatoria das axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, publicouse […]

O CONCELLO DESTINARÁ O PLAN PROVINCIAL ÚNICO DE COOPERACIÓN DA DEPUTACIÓN AOS PROGRAMAS DE INVESTIMENTOS, FOMENTO DE EMPREGO, SAF E ACTIVIDADES CULTURAIS

O Concello de Trabada aprobou nunha xunta de goberno local as obras e servizos incluídos no Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2022 da Deputación de Lugo, que suporán un investimento de máis de 260.000 euros. As obras que se realizarán son a rexeneración do pavimento dos accesos a Vilafernando, Pacios, O Acevedo e […]

TRABADA E RIBADEO SOLICITAN UNHA SUBVENCIÓN PARA ACONDICIONAR UN CAMIÑO SUPRAMUNICIPAL E A PONTE DE UNIÓN ENTRE VALBOA E CEDOFEITA

Os concellos de Trabada e Ribadeo solicitaron de forma conxunta unha subvención á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta para acondicionar e pavimentar un camiño supramunicipal que une as parroquias trabadense de Valboa e a ribadense de Piñeiro (Cedofeita). Os núcleos de poboación da Igrexa, Salgueiro, As Cabanas, Biduedo e […]

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados