Trabada presenta unha nova edición da Romaría de San Marcos que se celebrará os días 25 e 26 de abril

Trabada presenta unha nova edición da Romaría de San Marcos que se celebrará os días 25 e 26 de abril

O Concello de Trabada acollerá os próximos 25 e 26 de abril unha nova edición da Romaría de San Marcos, unha das festas e feiras máis emblemáticas e con maior tradición do municipio, que terá lugar na área recreativa da A Cadeira.

O alcalde, Rubén García, acompañou aos veciños e veciñas da parroquia de Orrea na presentación do cartel desta edición, destacando a importancia de manter vivas as tradicións e de seguir apoiando este tipo de eventos.

O programa dará comezo o sábado 25 de abril coa feira anual de gando cabalar e a exposición de gando a partir das 12:00 horas, así como o concurso morfolóxico oficial de cabalos de pura raza galega, con seccións de sementais, eguas e poldros ata 3 anos. A xornada completarase coa misa solemne e procesión ás 13:30 horas e sesión vermú amenizada pola orquestra Ritmo Joven. Pola tarde-noite celebrarase a festa-verbena coa mesma orquestra e disco móbil.

O domingo 26 de abril continuará a programación coa misa solemne e procesión ás 13:30 horas, seguida dunha sesión vermú longa amenizada por Dúo Estrellas, ademais de contar tamén con disco móbil e servizo de bar e comida.

Desde o Concello de Trabada destacan o valor histórico desta feira, que ano tras ano reúne a veciñanza e visitantes arredor dunha tradición moi arraigada no municipio, vinculada ao sector gandeiro e ao mundo cabalar.

Así mesmo, o alcalde sinalou que “desde o Concello continuamos colaborando coas comisións de festas e asociacións para facer posible a organización de eventos como este, que contribúen a dinamizar a vida social e cultural do noso concello”.

Cartel San Marcos Trabada 2026

 

Páxina anterior A Deputación de Lugo aproba a rehabilitación completa da estrada LU-P-6101 entre Trabadela e A Ría de Abres

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados