O Concello de Trabada informa sobre novas bonificacións na factura eléctrica vinculadas ao parque eólico Mondigo para o sector primario e empresarial

O Concello de Trabada informa sobre o proceso para optar a bonificacións na factura eléctrica vinculadas ao parque eólico Mondigo para o sector primario e empresarial

O Concello de Trabada informa das posibilidades de acceso a melloras nas condicións do subministro eléctrico vinculadas ao parque eólico Mondigo, dirixidas especificamente a gandeiros, agricultores, empresas e veciños e veciñas que contan cun comercio no Concello de Trabada.

Nos últimos días, o alcalde de Trabada, Rubén García, mantivo unha reunión co persoal de Recursos de Galicia para abordar esta iniciativa e coñecer os pasos necesarios para que os posibles beneficiarios poidan acceder a propostas adaptadas aos seus consumos enerxéticos.

Como primeiro paso, as persoas e entidades interesadas deberán rexistrar os seus datos e información sobre os seus consumos eléctricos a través da páxina web https://rdgdatos.gal/  ou mediante a aplicación móbil habilitada para este fin. A partir desa información, desde Recursos de Galicia elaboraranse propostas individualizadas orientadas á mellora dos prezos da enerxía.

O alcalde, Rubén García, sinalou que “desde o Concello queremos facilitar toda a información e acompañar aos posibles beneficiarios neste proceso, especialmente a sectores fundamentais para o noso municipio como son as explotacións gandeiras, agrícolas, o tecido empresarial e o pequeno comercio”.

Así mesmo, destacou que “é importante que as persoas e negocios aos que vai dirixida esta iniciativa poidan coñecer as opcións existentes e valorar posibles aforros nos seus custos enerxéticos”.

Desde o Concello de Trabada poñen á disposición dos interesados apoio para resolver dúbidas e colaborar na tramitación. Tamén se poderá contactar directamente con Recursos de Galicia no teléfono 604 012 723 para consultas ou información adicional.

 

Páxina anterior O Concello de Trabada anuncia unha nova actuación de mellora viaria en Vilarbetote cun investimento superior aos 68.000 euros

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados