O Concello de Trabada inicia un novo curso de terapia ocupacional para as persoas maiores

O Concello de Trabada pon en marcha un novo curso do programa de terapia ocupacional dirixido ás persoas maiores, unha iniciativa gratuíta que se vén desenvolvendo desde hai anos e que conta cunha moi boa acollida entre as persoas participantes.

As sesións comezarán os días 29 e 30 de setembro e 1 de outubro, e continuarán ata o mes de xuño. A actividade desenvolverase os martes, mércores e xoves, achegándose a diferentes parroquias do concello para facilitar a participación das persoas maiores.

Da man dun profesional da terapia ocupacional, durante as sesións realízanse diferentes exercicios e dinámicas orientadas a traballar tanto a parte física como a cognitiva, contribuíndo a manter a axilidade, estimular as capacidades e favorecer un envellecemento activo.

O alcalde de Trabada, Rubén García Freije, destaca que «levamos anos desenvolvendo actividades pensadas especificamente para o coidado das nosas persoas maiores, porque consideramos fundamental ofrecerlles propostas que lles permitan manterse activas tanto física como mentalmente».

O Concello dá así continuidade durante o novo curso a un programa consolidado que, ademais de promover hábitos activos, permite achegar este tipo de actividades ás distintas parroquias de Trabada.

 

Páxina anterior Trabada inicia o curso escolar tras realizar diferentes melloras nas instalacións do colexio

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados