Recollida plásticos agrícolas Trabada 19 maio

O Concello de Trabada realizará a recollida de plásticos agrícolas o 19 de maio

O Concello de Trabada vén de anunciar a próxima campaña de recollida de plásticos de procedencia agrícola, que se realizará o día 19 de maio. Esta iniciativa está dirixida a facilitar a retirada deste tipo de residuos nas explotacións agrogandeiras do municipio, contribuíndo á protección do medio ambiente e ao apoio do sector primario.

A recollida farase mediante un camión que pasará polas explotacións que o soliciten previamente. As persoas interesadas deberán anotarse chamando ao 982 135 011 ou acudindo presencialmente ás oficinas municipais antes do día 14 de maio.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destaca que “este servizo é unha mostra máis do compromiso que temos co noso rural facilitando o seu día a día e avanzando cara a unha xestión máis sostible dos residuos”. 

Para facilitar a recollida, o Concello lembra que:

  1. Os plásticos deben deixarse en puntos accesibles para o camión.

  2. Deben estar afastados de liñas eléctricas e árbores que dificulten a carga.

  3. É preciso que estean ben pregados e atados.

  4. Non deben conter arames, terra nin area.

Desde o Concello agradécese a colaboración de todos os veciños e veciñas para o correcto desenvolvemento da recollida.

Páxina anterior O Concello de Trabada reabre a bolsa do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) ante o incremento da demanda

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados