Comezan as obras do novo centro social na parroquia da Ría de Abres

Comezan as obras do novo centro social na parroquia da Ría de Abres

O Concello de Trabada vén de iniciar esta semana as obras para construír un novo centro social na parroquia da Ría de Abres, dando resposta a unha necesidade evidente da veciñanza, xa que se trataba da única parroquia do municipio que non dispoñía dun espazo propio para reunións, encontros e actividades comunitarias.

O proxecto conta cun investimento superior a 196.000 euros, dos cales a Deputación de Lugo financia 190.000 euros e o Concello de Trabada achega algo máis de 6.000 euros con fondos propios.

O alcalde de Trabada, Rubén García, salientou que “este é un proxecto que levamos anos desexando executar e que por fin este 2025 será unha realidade. Queremos agradecer á Deputación de Lugo o seu apoio para facer posible esta obra tan importante para a parroquia da Ría de Abres”.

Coa construción deste centro, a veciñanza disporá dun espazo adecuado para o desenvolvemento de actividades sociais, culturais e asociativas, contribuíndo a reforzar a cohesión comunitaria e a dinamización da vida local.

Desde o Concello de Trabada considérase esta actuación un paso máis na aposta por dotar todas as parroquias de infraestruturas dignas e funcionais, garantindo o acceso aos mesmos servizos e oportunidades en todo o territorio municipal.

 

Páxina anterior Comezan as obras do circuíto pump track no complexo deportivo de Trabada

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados