Trabada acollerá a súa primeira Ruta Cabalar o vindeiro 18 de abril

Trabada acollerá a súa primeira Ruta Cabalar o vindeiro 18 de abril

O Concello de Trabada acollerá o vindeiro 18 de abril a celebración da I Ruta Cabalar, unha nova iniciativa organizada pola asociación Cabaleiros de Trabada, un colectivo de recente creación no municipio, que conta coa colaboración do propio Concello.

A xornada dará comezo ás 10:00 horas coa saída desde o colexio de Trabada e contará cun completo programa de actividades ao longo do día. Durante a ruta ofreceranse pinchos na metade do percorrido e, a partir das 13:30 horas, terá lugar unha sesión vermú.

Posteriormente, ás 15:00 horas, celebrarase unha comida aberta a todas as persoas interesadas, seguida dunha tardeo con música a cargo de The Sound Project, completando así unha xornada pensada para o desfrute tanto das persoas participantes como do público en xeral.

O prezo da comida será de 30 euros para adultos e 16 euros para nenos e nenas de ata 10 anos, sendo necesario adquirir os tíckets ata o 15 de abril.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou “a importancia de seguir apoiando ás asociacións do noso concello, especialmente ás de nova creación, que contribúen a dinamizar a vida social e a impulsar novas actividades para a veciñanza”.

Neste sentido, subliñou tamén que “desde o Concello continuaremos colaborando con todos os colectivos para fomentar iniciativas que favorezan a participación e o desenvolvemento de actividades no noso municipio”.

Desde o Concello de Trabada anímase á veciñanza a participar nesta primeira edición dunha ruta que nace coa vocación de consolidarse como unha nova cita no calendario local.

Cartel Trabada acollerá a súa primeira Ruta Cabalar o vindeiro 18 de abril

Páxina anterior O Concello de Trabada remata as obras de mellora viaria no núcleo de Vilarbetote

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados