Trabada acolle esta fin de semana a segunda edición da Concentración Moteira

Trabada acolle esta fin de semana a segunda edición da Concentración Moteira

O Concello de Trabada colabora na celebración da segunda edición da Concentración Moteira, organizada polo Motoclube A Cadeira. Un evento que terá lugar os días 19, 20 e 21 de xuño na explanada do parque e que volverá reunir a afeccionados ao motor, veciñanza e visitantes nunha fin de semana chea de actividades.

A programación inclúe propostas para todos os públicos con rutas, exhibicións, xogos, concertos, verbenas e actividades de convivencia, consolidándose como unha cita destacada dentro do calendario festivo e social do municipio.

O alcalde de Trabada, Rubén García, quixo poñer en valor “o importante traballo que realizan asociacións como o Motoclube A Cadeira, así como o resto de clubs e comisións de festas do noso concello, á hora de dinamizar a vida social e cultural do municipio con iniciativas deste tipo”.

Neste sentido, o rexedor destacou a implicación do Concello de Trabada con eventos como este, sinalando que “desde o Concello mantemos unha colaboración constante con todo o tecido asociativo porque entendemos que son fundamentais para manter vivo o noso municipio. Sempre estaremos ao lado das asociacións, clubs e comisións apoiando a organización de todo tipo de actividades”.

Rubén García tamén animou á veciñanza e aos visitantes a participar nesta nova edición da concentración, que “ademais de ser unha oportunidade para desfrutar do mundo do motor, supón tamén un importante impulso para a dinamización económica e social de Trabada”.

Cartel II Concentración Moteira Trabada

Páxina anterior Rematan as obras de mellora viaria nos núcleos de Barreiros e A Abaira cun investimento superior aos 130.000 euros

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados