Fecha
28 de Xullo de 2021 - 31 de Agosto de 2021
Hora
14:30 - 12:30
Categoría Entretemento

O Concello de Trabada fai público o programa dos eventos culturais deste verán, que se estenderá dende o 28 de xullo ata o vindeiro 31 de agosto.

La selección de las actividades programadas por el gobierno local incluye diferentes espectáculos dirigidos a un público familiar que tendrán lugar en la plaza del Ayuntamiento de Trabada.

A selección das actividades programadas polo goberno local inclúe diferentes espectáculos dirixidos a un público familiar que terán lugar na praza do Concello de Trabada.

“A programación que propoñemos busca ofrecer opcións para todas as idades, apostando pola cultura segura ao aire libre e garantindo en todo momento as recomendacións e protocolos sanitarios”, subliña a alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez

Durante os festivos locais deste ano, o Concello de Trabada programou dúas actuacións musicais. O domingo 15 de agosto será a quenda da Banda de Música de Ribadeo, e o luns 16, día de San Roque, actuará a agrupación Arco da Vella.

Nesas mesmas datas, o goberno local programou dúas proxeccións de películas, o venres 14 de agosto ‘O que arde’, de Oliver Laxe, e o sábado 15 a comedia ‘Cuñados’, tamén con protagonismo galego no elenco de actores e actrices.

Ademais, a estes eventos súmanse varias actuacións dirixidas ao público familiar. O xoves 13, a compañía teatral Bandullo Azul representará ‘Flipa cos contos’. O venres 14, a maxia chegará a Trabada da man dos Magos Xacobe e Kayto co espectáculo ‘2 magos alokaytos’.

A compañía Viravolta Títeres ofrecerá o seu espectáculo ‘A maleta de Don Attilio’ o sábado 15, mentres que o domingo 16 chegará a actuación musical ‘Cores, contos e Rock n’Roll con Ramona Órbita’, a cargo da compañía Pakolas.

Por último, a agrupación Paporrubio pechará a programación cultural do Concello de Trabada o 31 de agosto co espectáculo ‘Varietés do animalario’.

? MÁIS INFORMACIÓN NO CARTEL ADXUNTO

Anterior espectáculo teatral de “A illa sen tesouro”
gl_ESGalego