O Concello de Trabada vén de poñer en marcha a primeira fase das obras de renovación da área recreativa de A Choza, situada na parroquia da Ría de Abres. Esta actuación contará cun investimento de 30.000 euros dunha subvención concedida pola Dirección de Turismo de Galicia. Nesta primeira fase prevese a substitución de parte do […]
O Concello de Trabada informa da finalización das obras de mellora do vial que conecta as parroquias de Fórnea e Vilamartín Pequeno, unha actuación impulsada conxuntamente polos Concellos de Trabada e Barreiros. O proxecto contou cun investimento total de 50.880,37 euros, dos cales 35.616,26 euros proceden dunha subvención solicitada á Consellería de Presidencia, Xustiza e […]
O Concello de Trabada, en colaboración coa Deputación de Lugo, pon en marcha unha nova edición dos Ciclos Teatrais, unha programación cultural que se celebrará na Casa da Cultura de Trabada o primeiro sábado de cada mes, dende novembro ata xuño. O ciclo dará comezo o 1 de novembro coa obra Expectativa Lonxana do grupo […]
O Concello de Trabada e a asociación de sendeirismo Trabada paso a paso continúan co programa “Coñece Trabada”. Nesta ocasión trátase dunha ruta a pé entre Fórnea e Valboa, que terá lugar o domingo 12 de outubro. O percorrido será de 10 quilómetros, cun nivel de dificultade media, e permitirá visitar ao longo do traxecto […]
O Concello de Trabada deu hoxe un novo paso adiante en materia de prevención e xestión forestal coa aprobación, no pleno ordinario, da ordenanza reguladora do prezo público pola prestación do servizo de limpeza de terreos, soares e franxas de xestión de biomasa. Esta ordenanza, que entrará en vigor a mediados de novembro, pon á […]
O Concello de Trabada vén de executar diferentes melloras en Villapercide, consistentes na instalación dun novo alumeado público e na mellora dos accesos ao campo da festa. Con esta actuación, o goberno municipal atende as demandas da veciñanza e continúa co seu compromiso de modernizar infraestruturas e espazos de uso comunitario nas distintas parroquias do […]
O Concello de Trabada vén de concluír as obras do proxecto de aforro enerxético na rede de alumeado público, que permitiron substituír as luminarias nos núcleos de Vilar, Trabada, Vidal, Vilarbetote e Vilafernando. A actuación contou cun investimento total de 51.608,25 euros, dos cales 32.000 € foron achegados a través do Fondo de Compensación Ambiental […]
O Concello de Trabada está a desenvolver esta fin de semana unha nova edición do programa “Viaxa co Concello”, que nesta ocasión ten como destino Cantabria. A viaxe, que se celebra do 19 ao 21 de setembro, completou todas as prazas dispoñibles e conta cunha alta participación veciñal. O programa inclúe visitas a lugares emblemáticos […]
Os Concellos de Trabada e Barreiros veñen de iniciar as obras de mellora do vial que conecta as localidades de Fórnea e Vilamartín Pequeno, un proxecto que supón un investimento total de 50.880,37 €, dos cales 35.616,26 € proceden dunha subvención e 15.264,11 € son achegados polos dous concellos. O alcalde de Trabada, Rubén García, […]
O Concello de Trabada abre o prazo de inscrición para unha nova actividade formativa: os cursos de talla en madeira, que se desenvolverán a partir do mes de outubro na Escola de Vilarbetote, na parroquia de Sante. As sesións terán lugar todos os martes, en horario de 20:30 a 22:30 horas, e están dirixidas a […]