O Concello de Trabada instalará este mércores, día 30, unha carpa informativa da campaña de compostaxe doméstica a fin de que os veciños e veciñas interesados en participar se poidan informar e inscribir. Entre as 11.00 e as 13.00 horas, na Praza do Concello de Trabada daranse as coñecer os detalles desta iniciativa ideada para […]
O Concello de Trabada aprobou hoxe un orzamento municipal de 2.010.326,37 euros para o ano 2023, unhas contas nas que destaca a partida dos investimentos reais. “Son uns orzamentos expansivos e sociais, con proxectos e investimentos cos que melloraremos as infraestruturas e os servizos públicos para os nosos veciños”, afirma a alcaldesa, Mayra García […]
A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, e as concelleiras Julia Barcia Fernández e Suevia Reimonde Gasalla supervisaron as obras de rehabilitación da primeira planta da casa escola de Trabadela, un inmoble de titularidade municipal. Na súa visita puideron comprobar que a renovación marcha a moi bo ritmo. O proxecto abarca a remodelación da primeira […]
O Concello de Trabada conseguiu unha subvención solicitada polo goberno local para impulsar un proxecto dirixido a aumentar a atención ás persoas maiores e xerar emprego, medidas fundamentais para o reto demográfico ao que se enfrontan os concellos rurais de todo o Estado. A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, realizou persoalmente a memoria deste […]
O Concello de Trabada xa dispón de tres puntos de recarga de vehículos eléctricos no municipio, un novo servizo para os seus veciños e visitantes. A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, e a concelleira Julia María Barcia visitaron hoxe estes puntos de recarga, emplazados nas inmediacións da área de autocaravanas de Ría de Abres, […]
O Concello de Trabada informa aos seus veciños e veciñas que está aberto o prazo de inscrición ás clases de baile de salón. As clases serán os venres de 21:30 a 23:00, no polideportivo municipal de Sante. O prezo por persoa é de 20 euros mensuais. As inscricións poden tramitarse por teléfono no 982135011. A […]
O Concello de Trabada informa do inicio mañá sábado, 5 de novembro, dos Ciclos Teatrais Mensuais. A primeira representación será “Tres”, do grupo de teatro “El Cioyo”. Esta será a primeira das 8 obras de teatro programadas no marco deste ciclo ata o vindeiro mes de xuño. A obra representarase ás 21:00 na Casa da […]
O Concello de Trabada informa aos seus veciños e veciñas do comezo das obras realizadas de forma conxunta con Ribadeo para acondicionar e pavimentar un camiño supramunicipal que une a través dunha ponte as parroquias trabadense de Valboa e a ribadense de Cedofeita. A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, e o alcalde de Ribadeo, […]
O Concello de Trabada informa aos seus veciños e veciñas do remate das obras para pintar, reparar as humidades e selar as fendas e irregularidades da fachada da casa do Concello. Para esta actuación, o concello conseguiu unha subvención de 20.000 euros do Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e […]
A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, lembra que foi o concello quen conseguiu a subvención para pintar, reparar as humidades e selar as fendas e irregularidades da fachada da casa consistorial. “Despois da falta de lealdade institucional por parte da Xunta de Galicia, posto que os representantes do PP de Trabada fixéronse eco nas […]