O alcalde de Trabada, Rubén García, e a concelleira do equipo de goberno, Lupe Rego, anunciaron a execución dunha actuación de mellora integral no local do Teleclub da parroquia de Sante tras realizar unha visita ao propio inmoble para comprobar o seu estado actual e as necesidades existentes. O proxecto contempla actuacións destinadas a mellorar […]
A parroquia de Sante comezará o ano celebrando a tradicional festa na honra do seu patrón, San Xulián, que terá lugar o sábado 10 de xaneiro no polideportivo da parroquia, dando así o pistoletazo de saída ao calendario festivo do 2026 no Concello de Trabada. Os actos darán comezo ás 13:00 horas coa misa solemne, […]
O Concello de Trabada vén de finalizar as obras de renovación integral do parque infantil da parroquia de Fórnea, unha actuación cun investimento de algo máis de 50.000 euros, que foi posible grazas a un convenio asinado polo alcalde, Rubén García, coa Deputación de Lugo. Esta intervención supón unha mellora significativa dun espazo destinado ao […]
O Concello de Trabada continúa a apostar pola capacitación dixital da veciñanza coa celebración dunha nova acción formativa enmarcada no programa “E para dixitalizarse, Lugo”, tras o éxito das formacións desenvolvidas a finais do pasado ano no municipio. Nesta ocasión, a actividade levarase a cabo baixo o título “Ciberseguridade: acoso, grooming e estafas”, unha formación […]
O Concello de Trabada mantén activa a súa programación cultural durante todo o ano e este primeiro fin de semana de xaneiro ofrece dúas citas destacadas, pensadas para públicos de todas as idades. Por unha banda, o sábado 3 de xaneiro, ás 21:00 horas, a Casa da Cultura de Trabada acollerá a representación teatral “Ai! […]
O Concello de Trabada vén de anunciar a convocatoria para a entrega dos cheques correspondentes ao pagamento das luces públicas que permanecen conectadas aos contadores das vivendas particulares durante o ano 2024. Segundo recolle o bando emitido polo alcalde, Rubén García Freije, a entrega realizarase o vindeiro martes, 23 de decembro de 2025, ás 11:00 […]
O alcalde de Trabada, Rubén García, xunto coa concelleira de Medio Rural, Rosa Pérez, realizaron hoxe a tradicional visita de Nadal ao Centro de Atención a Maiores (CAM) e CEIP Celso Currás, unha iniciativa que se repite cada ano nestas datas tan sinaladas. Durante a visita, o alcalde e a concelleira compartiron uns momentos cos […]
O Concello de Trabada continúa executando actuacións de mellora nos camiños municipais e nos espazos públicos das diferentes parroquias, nun esforzo por garantir infraestruturas en boas condicións e unha atención equilibrada a toda a veciñanza. Nos últimos días avanzouse na renovación do asfaltado e na limpeza de camiños e cunetas en varias zonas do concello. […]
O Concello de Trabada acollerá este venres, 12 de decembro, ás 12:00 horas na Casa da Cultura, o coloquio “Que raio fai o meu concello en África?”, unha actividade organizada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade coa que o Concello colabora. A sesión contará coa participación de persoas que formaron parte de misións […]
O Concello de Trabada consolida a súa aposta pola cultura e polo teatro afeccionado coa continuación dos ciclos teatrais que, como cada primeiro sábado de mes, ofrecen á veciñanza unha proposta escénica de calidade e aberta a todos os públicos. Este sábado, 6 de decembro, ás 21:00 horas, o Salón de Actos da Casa da […]