O pasado 1 de xullo deu comezo o primeiro campamento xuvenil do Concello de Trabada, unha nova iniciativa municipal enmarcada nos programas de conciliación familiar e pensada para ofrecer alternativas de ocio saudable durante os meses de verán. O campamento desenvólvese de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 horas, e está centrado […]
Este mércores tivo lugar a sinatura do convenio de colaboración para a mellora do abastecemento de auga entre os Concellos de Trabada e Ribadeo e a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, a través de Augas de Galicia. A conselleira Ángeles Vázquez participou no acto en Ribadeo, formalizando así un acordo que contempla […]
Arancou unha nova edición do campamento de verán do Concello de Trabada, dirixido a nenos e nenas nados entre 2013 e 2021. Do 23 de xuño ao 5 de setembro en horario de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas. Contamos con 43 participantes que gozarán de actividades lúdicas, educativas e deportivas adaptadas á […]
O Concello de Trabada organiza o Campionato de Balinera o vindeiro 19 de xullo ás 19:30 horas no campo da festa de Abres, coincidindo co día do tradicional churrasco da festa. Este evento, dirixido a persoas de todas as idades, celebrarase nun ambiente lúdico e seguro. As balineras serán facilitadas pola organización, polo que non […]
O Concello de Trabada anuncia a posta en marcha dunha iniciativa para potenciar e dar a coñecer o legado de José Rocha Gasalla, veciño do municipio recentemente falecido e doador de todo o patrimonio que conforma o actual centro etnográfico José Rocha. A decisión de organizar xornadas de portas abertas e visitas guiadas nace como […]
O Concello de Trabada quere expresar o seu fondo pesar polo falecemento de José Rocha Gasalla, veciño do municipio e figura clave na conservación do patrimonio local ao doar de forma altruísta toda a colección que hoxe conforma o centro etnográfico que leva o seu nome en recoñecemento a esa contribución desinteresada e inestimable. O […]
O Concello de Trabada deu comezo hoxe ao seu campamento de verán, dirixido a nenos e nenas nados entre o 1 de xaneiro de 2013 e o 31 de decembro de 2021. Esta iniciativa desenvolverase dende o 23 de xuño ata o 5 de setembro, en horario de 10:00 a 14:00 horas de luns a […]
O vindeiro luns día 23 de xuño abrirase o prazo de presentación de solicitudes para optar á vivenda situada na antiga escola de Vilapercide, que se ofrece en réxime de alugueiro social. As persoas interesadas dispoñerán dun mes para presentar as súas solicitudes. Esta nova vivenda súmase ás xa adxudicadas durante este ano nas antigas […]
O Concello de Trabada continúa coa súa aposta pola eficiencia enerxética e a mellora das infraestruturas locais grazas á consecución dunha nova axuda pública de 32.000 euros, que permitirá acometer a renovación do alumeado público nos núcleos de O Vilar, Trabada, Vidal, Vilarbetote e Vilafernando. O proxecto conta cun orzamento total de 51.608,25 euros, dos […]
O Concello de Trabada colabora co recén creado Motoclube A Cadeira na organización da I Concentración Motera que terá lugar os días 21 e 22 de xuño na Praza do Concello e noutras localizacións do municipio. Este evento prevé reunir a numerosos afeccionados ao mundo das dúas rodas chegados de toda Galicia e doutras comunidades, […]