O CONCELLO DE TRABADA CONTARÁ CUN CENTRO DE NOVAS TECNOLOXÍAS

A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, asinou hoxe co presidente da Deputación de Lugo José Tomé Roca, un acordo a través do que a institución provincial achega ao concello 48.000 euros para a creación dun Centro de Novas Tecnoloxías en Vilaformán, rehabilitando o antigo teleclub da parroquia. “Un novo paso para dotar a Trabada […]

A ALCALDESA DE TRABADA AGRADECE “O TRABALLO E A IMPLICACIÓN DE TODAS AS ADMINISTRACIÓNS, AS FORZAS DE SEGURIDADE E OS VECIÑOS QUE COLABORARON PARA APAGAR O LUME”

A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, fai balance unha semana despois do lume que afectou a máis de 2.300 hectáreas de monte no concello e a comarca. “Non poido estar máis agradecida con todos os que colaboraron para apagar o lume, un lume que estes últimos días se reavivou en varias zonas e que […]

A ALCALDESA DE TRABADA SOLICÍTALLE Á XUNTA “AXUDA PARA FACER FRONTE Á PRAGA DE VERMES QUE ESTÁ A CAUSAR ESTRAGOS NOS CULTIVOS E COLLEITAS”

A alcaldesa do Concello de Trabada, Mayra García Bermúdez, solicítalle á Xunta de Galicia “colaboración para facer fronte á praga de vermes que está a causar estragos nos cultivos e colleitas”. García Bermúdez envioulle unha carta ao conselleiro de Medio Rural, José González Vázquez, “preocupada por unha situación que afecta gravemente ao noso concello e […]

PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE ATENCIÓN TEMPERÁ NOS ANOS 2022 A 2024

Agrupación dos concellos de Mondoñedo, Abadín, Barreiros, Lourenzá, Pastoriza, A Pontenova, Riotorto, Trabada, Meira e Pol. Esta entidade foi beneficiaria da convocatoria de subvencións ás entidades locais da Comunidade autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá nos anos 2022 a 2024, cofinanciada pola Unión Europea. O […]

O CONCELLO DE TRABADA INFORMA DO COMEZO DAS OBRAS PARA RENOVAR A CUBERTA DA CASA CONSISTORIAL

O Concello de Trabada informa aos seus veciños e veciñas do comezo das obras para a renovación da cuberta da casa consistorial. Para estes traballos, Trabada conseguiu unha subvención de 19.990,90 euros da Xunta, mentres que o concello aporta 8.580,39 euros (investimento total de 28.571,29 euros. A necesidade da intervención xustifícábase nas deficiencias detectadas na […]

PROYECTO ILUMIN@ PARA A RENOVACIÓN DO ALUMEADO EN TRABADA

“Una manera de hacer Europa” Cofinanciado en un 80% por el FEDER PROYECTO ILUMIN@: Actuación cofinanciada en un 80% por el Programa de Subvenciones para proyectos singulares de entidades locales que favorezcan el paso a una economía baja en carbono en el marco del Programa operativo FEDER de crecimiento sostenible 2014-2020, asumiendo el restante 20% […]

O CONCELLO DE TRABADA INFORMA DO REMATE DAS OBRAS DE CONSTRUCIÓN DUNHA PISTA MULTIDEPORTE NO CEIP PLURILINGÜE CELSO CURRÁS

O Concello de Trabada informa do remate das obras de construción dunha nova pista multideporte no CEIP Plurilingüe Celso Currás, mellorando desta forma as infraestruturas para o alumnado e para a veciñanza en xeral. Para a posta en marcha da instalación, cun orzamento de 91,676 euros, a alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, xestionou e tramitou persoalmente unha […]

O CONCELLO DE TRABADA INFORMA DA REAPERTURA AO TRÁFICO DA PONTE ENTRE AS PARROQUIAS DE VALBOA E CEDOFEITA TRAS AS OBRAS DE MELLORA

A vía reábrese tras os traballos de acondicionamento realizados conxuntamente co Concello de Ribadeo O Concello de Trabada informa aos seus veciños e veciñas da finalización das obras de acondicionamento da ponte que une a parroquia trabadense de Valboa e a ribadense de Cedofeita. Tras estes traballos, realizados de forma conxunta co Concello de Ribadeo, […]

A ALCALDESA DE TRABADA REIVINDICA NA COMISIÓN DE DESPOBOACIÓN DA FEMP “UNHA DISCRIMINACIÓN POSITIVA PARA OS CONCELLOS PEQUENOS NO FINANCIAMENTO LOCAL”

A alcaldesa do Concello de Trabada, Mayra García Bermúdez, reivindicou hoxe en Madrid “unha discriminación positiva no financiamento local para os concellos pequenos, que son a maioría do país”. García Bermúdez participa hoxe representando ao Concello de Trabada na Comisión de Despoboación e Reto Demográfico da Federación Española de Municipios e Provincias (Femp), na que se está […]

A ALCALDESA DE TRABADA E O DELEGADO DO GOBERNO VISITAN A ANTIGA ESCOLA UNITARIA DE VILAPERCIDE, REHABILITADA PARA USO PÚBLICO

A alcaldesa do Concello de Trabada, Mayra García Bermúdez, e o delegado do goberno en Galicia, José Miñones, visitaron hoxe a antiga escola unitaria de Vilapercide, rehabilitada para uso público e social. No ano 2020, o goberno municipal conseguiu unha subvención por importe de 26.963,08 euros para a rehabilitación deste inmoble en Vilapercide, financiada con fondos que […]

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados