O Concello de Trabada adxudicou as obras para a realización de diferentes melloras nos vestiarios e no ximnasio do pavillón polideportivo municipal. En concreto, a actuación nos vestiarios será na zona das duchas, renovando o pavimento por un novo e antideslizante, ademais de mellorar a rede de saneamento e os desagües. No ximnasio, renovarase a […]
O Concello de Trabada, en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), pon en marcha unha campaña solidaria de apoio ao pobo ucraíno que ten como obxectivo contribuír a paliar a crise humanitaria que está a sufrir o país. A través desta campaña humanitaria, o concello pon a disposición dos refuxiados ucraínos as […]
O Concello de Trabada aprobou en pleno a liquidación do orzamento do 2021, pechando o exercicio cuns créditos definitivos de 2.705.280,15 euros, despois de inicialo con 1.592.037,95 euros. “Esta xestión económica realizada polo goberno municipal permitiunos levar a cabo numerosas obras para renovar os servizos e infraestruturas públicas; actuacións todas elas dirixidas a mellorar a […]
O Concello de Trabada organiza unha excursión ao complexo histórico e recreativo das Minas Consuelo e Boulloso de Pontenova, dirixida a xóvenes empadroados/as no municipio e con idades comprendidas entre 16 e 29 anos. A excursión será o domingo 27 de marzo e o custo da mesma 15 euros por persoa para a comida, xa […]
O Concello de Trabada conseguiu unha nova subvención, neste caso de 30.000 euros, para unha actuación destinada a mellorar os accesos entre o aparcadoiro de autocaravanas e a área recreativa de Choza. A convocatoria das axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, correspondeu á Axencia de Turismo de Galicia e o prazo de presentación das […]
O Concello de Trabada solicitou unha subvención da Xunta de Galicia para acometer un proxecto de mellora e embelecemento do entorno do Camiño de Santiago entre o municipio e unha fonte de gran valor para os veciños situada nas inmediacions de Porto do Malle. A convocatoria das axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, publicouse […]
A alcaldesa do Concello de Trabada, Mayra García Bermúdez, visitou hoxe co delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, as obras da rúa Cotarelo, a renovación da fachada da Cámara Agraria e o novo punto limpo móbil co que conta o municipio. Trátase de obras e servizos cos que Trabada conta grazas a subvencións xestionadas […]
O Concello de Trabada aprobou nunha xunta de goberno local as obras e servizos incluídos no Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2022 da Deputación de Lugo, que suporán un investimento de máis de 260.000 euros. As obras que se realizarán son a rexeneración do pavimento dos accesos a Vilafernando, Pacios, O Acevedo e […]
Os concellos de Trabada e Ribadeo solicitaron de forma conxunta unha subvención á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta para acondicionar e pavimentar un camiño supramunicipal que une as parroquias trabadense de Valboa e a ribadense de Piñeiro (Cedofeita). Os núcleos de poboación da Igrexa, Salgueiro, As Cabanas, Biduedo e […]
A alcaldesa do Concello de Trabada, Mayra García Bermúdez, xunto aos concelleiros Rubén García e Julia Barcia, estiveron hoxe supervisando as obras de renovación integral e humanización da rúa Cotarelo, xa na súa última fase.O Concello de Trabada conseguiu unha subvención da Xunta de Galicia para cofinanciar esta actuación nun dos viais más céntricos do […]