O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou o novo éxito da VII Festa da Enfariñada, celebrada onte, que volveu reunir a centos de persoas arredor da tradición e a gastronomía. A cita, xa consolidada como un dos eventos máis destacados da Mariña lucense, superou novamente as expectativas, cunha gran afluencia de público e cun total […]
A promoción da VII Festa da Enfariñada de Trabada dará continuidade este ano coa súa presenza na Festa da Filloa de Muimenta, que se celebrará o vindeiro 1 de maio. O Concello de Trabada reafirma así a súa aposta por esta iniciativa para difundir un dos pratos máis tradicionais da Mariña lucense e convidar a […]
O Concello de Trabada ultima os detalles para a celebración da VII Festa Gastronómica da Enfariñada, que terá lugar este domingo 3 de maio a partir das 12:00 horas na explanada situada fronte ao parque da rúa San Roque. A poucos días da celebración, desde o Concello fan un chamamento á veciñanza e visitantes para […]
O Concello de Trabada volve ofrecer este ano o servizo de axuda para a presentación da declaración da renda, tras a boa acollida rexistrada en edicións anteriores. Grazas a este programa, calquera veciño ou veciña poderá realizar este trámite de maneira totalmente gratuíta nas propias dependencias municipais mediante un sistema de videoasistencia, evitando desprazamentos fóra […]
O alcalde de Trabada, Rubén García, mantivo na mañá de hoxe unha reunión de traballo co delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e coa subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, na que se abordaron diferentes cuestións de interese para o municipio. Durante o encontro, tratáronse asuntos relacionados co acceso á vivenda no rural […]
O Concello de Trabada vén de finalizar as obras de mellora das vías de comunicación no lugar de Louro, na parroquia de Sante, unha actuación que supuxo un investimento de algo máis de 25.000 euros. Esta intervención permitiu mellorar o estado das vías neste núcleo de poboación, facilitando así a mobilidade e incrementando a seguridade […]
O Concello de Trabada vén de formalizar a cesión gratuíta da antiga escola de Villafernando, tras a sinatura dun acordo coa Diocese de Mondoñedo-Ferrol, propietaria do inmoble. O acto contou coa presenza do ecónomo da Diocese de Mondoñedo-Ferrol, quen participou na sinatura xunto ao alcalde de Trabada, culminando así un proceso de colaboración entre ambas […]
O alcalde de Trabada, Rubén García, recibiu no día de hoxe no Concello aos membros da Asociación Saúde Mental A Mariña, entidade coa que o municipio mantén unha colaboración continuada ao longo dos últimos anos. Esta asociación foi a encargada de elaborar as cuncas que se empregarán na vindeira edición da Festa da Enfariñada, reforzando […]
O Concello de Trabada celebrará o próximo domingo 17 de maio unha nova edición do tradicional Encontro dos Maiores, unha xornada especialmente emotiva que reúne a veciños e veciñas de todas as parroquias do municipio para compartir un día de convivencia e homenaxe. Este encontro, dirixido ás persoas maiores de 65 anos e aos seus […]
O Concello de Trabada vén de conseguir unha subvención da Axencia de Turismo de Galicia para a creación dunha nova área de autocaravanas no complexo deportivo municipal, cun investimento total de 30.000 euros. Esta actuación permitirá seguir ampliando os servizos dun espazo que xa conta con múltiples instalacións deportivas e de lecer como pista de […]
O Concello de Trabada acollerá o vindeiro domingo 3 de maio a partir das 12:00 horas a VII Festa Gastronómica da Enfariñada, que nesta edición se celebrará na explanada situada fronte ao parque da rúa San Roque. Debido ao crecemento continuo do evento foi necesario ampliar o espazo. Esta festa, xa consolidada no calendario local, […]