Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

O CONCELLO DE TRABADA PON EN MARCHA UN SERVIZO DE MADRUGADORES ESCOLARES, UNHA NOVA INICIATIVA PARA IMPULSAR A CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL E FAMILIAR

O CONCELLO DE TRABADA PON EN MARCHA UN SERVIZO DE MADRUGADORES ESCOLARES, UNHA NOVA INICIATIVA PARA IMPULSAR A CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL E FAMILIAR

O Concello de Trabada pon en marcha neste próximo curso un servizo de Madrugadores, permitindo ás familias deixar aos seus fillos e fillas no colexio antes da entrada a clase para facilitar a atención dos menores con proxenitores que teñan un horario laboral que non coincide co escolar.
 
Este novo servizo prestarase no CEIP Celso Currás do Concello de Trabada dende setembro a xuño, con actividades de ocio e ocupación do tempo de lecer baseadas nos principios da educación non formal en horario de 08.00 horas ata o inicio das clases.
 
“Trátase dunha nova iniciativa enmarcada nas liñas de apoio que dende o concello poñemos en marcha para seguir contribuíndo á conciliación da vida laboral e familiar, ademais de seguir traballando con medidas responsables que fomenten a natalidade e melloren a situación educativa das nenas e nenos”, explica Mayra García Bermúdez, alcaldesa de Trabada.
 
O acceso aos Madrugadores pretende dar prioridade ás familias numerosas e ás familias nas que os dous proxenitores traballen. A tarifa será de 25 euros ao mes e o servizo está dirixido aos nenos e nenas nados entre o 1 de xaneiro de 2009 e o 31 de decembro de 2018.
 
A preinscrición será preferiblemente telemática desde mañá, día 5 de agosto, e ata o 20 de agosto. O número máximo será de 10 usuarios e, no caso de haber máis solicitudes que prazas, accederase ao servizo tendo en conta a orde da puntuación acadada na baremación.
 
As bases completas e o modelo de solicitude está a disposición de todas as persoas interesadas na sede electrónica do Concello de Trabada.
Páxina anterior O CONCELLO DE TRABADA TERÁ UNHA VARIADA PROGRAMACIÓN CULTURAL DE VERÁN CON ESPECTÁCULOS PARA TODAS AS IDADES

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Horario:

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

Concello de trabada 2021 - Todos os dereitos reservados

gl_ESGalego