O Concello de Trabada asina a cesión da antiga escola de Villafernando para uso social coa Diócese de Mondoñedo-Ferrol

O Concello de Trabada asina a cesión da antiga escola de Villafernando para uso social coa Diócese de Mondoñedo-Ferrol

O Concello de Trabada vén de formalizar a cesión gratuíta da antiga escola de Villafernando, tras a sinatura dun acordo coa Diocese de Mondoñedo-Ferrol, propietaria do inmoble.

O acto contou coa presenza do ecónomo da Diocese de Mondoñedo-Ferrol, quen participou na sinatura xunto ao alcalde de Trabada, culminando así un proceso de colaboración entre ambas entidades para dar un novo uso a este espazo.

Grazas a este acordo, o Concello poderá dispoñer deste local co obxectivo de convertelo nun espazo de uso social ao servizo da veciñanza.

Dende o goberno municipal destacan a importancia deste tipo de iniciativas, que permiten recuperar edificacións en desuso e poñelas ao servizo da cidadanía, contribuíndo así a dinamizar a vida nas parroquias.

O Concello de Trabada continúa traballando na posta en valor do patrimonio municipal e na creación de novos espazos de encontro e convivencia para os veciños e veciñas.

Páxina anterior A colaboración entre o Concello de Trabada e a Asociación Saúde Mental A Mariña repítese un ano máis coa elaboración das cuncas da Enfariñada

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados