Trabada avanza na mellora da seguridade con actuacións en diferentes puntos do municipio

Trabada avanza na mellora da seguridade con actuacións en diferentes puntos do municipio

 O Concello de Trabada vén de executar novas actuacións de mellora en materia de seguridade en diferentes puntos do municipio, concretamente nos lugares de Trabadela, Sante e A Ría de Abres.

Os traballos realizados consistiron na substitución de barandillas en diferentes pontes no lugar de Trabadela, na instalación dunha nova barandilla no lugar da igrexa de Sante e na colocación dun novo peche no pozo de incendios de San Martiño, na parroquia da Ría de Abres.

Estas actuacións teñen como obxectivo reforzar a seguridade nestes espazos e mellorar as condicións de uso para a veciñanza, contribuíndo tamén á conservación e mantemento das infraestruturas municipais.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “seguimos traballando para mellorar a seguridade en diferentes puntos do concello e actuando de forma progresiva en todas as parroquias”.

O rexedor engadiu que “desta forma continuamos executando pequenas actuacións que son importantes para o día a día da veciñanza e que permiten seguir mellorando os espazos públicos e as infraestruturas municipais”.

Desde o Concello subliñan que estas intervencións forman parte do compromiso municipal de continuar actuando nas diferentes parroquias para reforzar servizos, seguridade e calidade de vida.

 

Páxina anterior O Concello de Trabada remata as obras de mellora no teleclub de Vilapena cun investimento de case 35.000 euros

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados