O CONCELLO DE TRABADA CONSIGUE UNHAS NOVAS AXUDAS PARA INSTALAR TRES PUNTOS DE RECARGA DE VEHÍCULOS ELÉCTRICOS

O Concello de Trabada informa aos seus veciños e veciñas da próxima instalación de tres puntos de recarga de vehículos eléctricos no municipio, grazas á obtención dunhas novas axudas convocadas pola Xunta de Galicia con fondos do Goberno. A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, decidiu solicitar esta subvención “xa que é moi necesario no […]

O CONCELLO CONTA CUN NOVO PUNTO LIMPO MÓBIL PARA IMPULSAR A RECICLAXE CORRECTA DOS RESIDUOS E A SENSIBILIZACIÓN AMBIENTAL

O Concello de Trabada conta cun novo punto limpo móbil, co que pretende facilitarlle aos veciños e veciñas a reciclaxe de residuos, ademais de impulsar a sensibilización ambiental. O concello obtivo unha achega de 70.000 euros para esta actuación, financiada pola Xunta de Galicia a través da liña de subvencións en materia de residuos de […]

A ALCALDESA SOLICÍTALLE UNHA REUNIÓN A ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO E A COLABORACIÓN DA XUNTA PARA CONSTRUÍR UN AUDITORIO E UN AULA DE MÚSICA

A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, remitiulle unha carta ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, na que lle solicita a colaboración do goberno autonómico para a construción dun auditorio e dunha aula de música. “O Concello de Trabada redactou un proxecto para a construción dun auditorio e unha aula de música, […]

O CONCELLO DE TRABADA REMATA AS OBRAS DE INSTALACIÓN DE ILUMINACIÓN ORNAMENTAL NO APARCADOIRO DE AUTOCARAVANAS E NO SEU ACCESO

O Concello de Trabada informa aos seus veciños e veciñas do remate das obras para a instalación de iluminación ornamental no acceso e no aparcadoiro de autocaravanas. O concello conseguiu unha subvención de 30.000 euros para esta actuación e foi a alcaldesa, Mayra García Bermúdez, quen tramitou persoalmente a solicitude das axudas, para as que […]

O CONCELLO DE TRABADA TERÁ NO ANO 2022 UN ORZAMENTO DE 1,5 MILLÓNS, DOS QUE O 22% IRÁN A INVESTIMENTOS PARA MELLORAR A VIDA DOS VECIÑOS

O grupo de goberno do Concello de Trabada levará ao pleno do próximo mércores, día 1 de decembro, os orzamentos municipais do ano 2022. Trabada terá un orzamento de 1.495.265,40 euros, destacado o esforzo inversor, que ronda o 22%. “Con esta partida, faremos fronte a necesidades inevitables dos servizos e a investimentos que permiten mellorar […]

O CONCELLO DESTACA O MODELO DE XESTIÓN DO CENTRO DE ATENCIÓN AOS MAIORES, QUE CONTARÁ DESDE MAÑÁ CON 30 PERSOAS USUARIAS

Os concelleiros do Concello de Trabada Julia María Barcia e Rubén García visitaron hoxe o Centro de Atención aos Maiores de Trabada, onde celebran durante toda a xornada a festividade do Magosto. Trátase dunha actividade onde ademáis de falar desta festa do outono, as persoas usuarias do centro cantaron cancións populares e disfrutaron de castañas […]

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados