O concello foi excluído de forma inxusta das axudas do Fondo de Compensación Ambiental e o goberno autonómico deulle finalmente a razón
O Concello de Trabada informa aos seus veciños e veciñas do comezo das obras de urbanización da rúa Cotarelo, adxudicadas por 108.295 euros. A concelleira Julia Barcia e os concelleiros Rubén García e Pablo González visitaron hoxe a rúa xunto ao delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias. O concello aportará 40.535 euros para esta […]
A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, reivindicou en Málaga “a importancia duns servizos públicos de calidade no rural e do sector primario”, reclamando á Xunta de Galicia “máis cooperación no financiamento dos concellos”. García Bermúdez participou en Torremolinos nas xornadas ‘40 anos da FEMP, proximidade e poder local’. A Federación Española de Municipios y […]
O Concello de Trabada conseguiu unha nova subvención da Xunta de Galicia, neste caso para a renovación do acabado exterior da fachada da Cámara Agraria. O obxectivo da actuación é protexer a edificación, evitar o seu deterioro e mellorar a calidade da paisaxe rural corrixindo os impactos paisaxísticos qe ocasiona, tendo en conta o establecido […]
O Concello de Trabada recibiu unha notificación da Xunta de Galicia na que se lle comunica a concesión dunha axuda de 40.359,73 euros para levar a cabo un proxecto de mellora da rede de abastecemento de auga potable nos lugares de Cima de Vila, Vilapercide, Escanarega e Porto do Malle. O goberno autonómico denegara nun […]
O Concello de Trabada informa aos seus veciños e veciñas que desde o próximo martes, 19 de outubro, reanúdase o programa ‘+SAÚDE’ dirixido aos maiores do municipio. “É un programa terapéutico, gratuíto e que levaremos ás parroquias do concello coa finalidade de facilitar o acceso de todos os veciños e veciñas”, explica a alcaldesa, Mayra […]
O Concello de Trabada conseguiu unha subvención de 30.000 euros para a instalación de iluminación ornamental no acceso e no aparcadoiro de autocaravanas. Unha vez máis, a Xunta de Galicia convocou unhas axudas que se conceden por orde de chegada das solicitudes e non por concorrencia competitiva, abrindo ademais o prazo de solicitudes ás doce da noite. […]
O Concello de Trabada informa aos seus veciños e veciñas do remate das obras de mellora nos accesos de Vilapercide a Cabana, e ao núcleo da Veiga desde a estrada LU-P-6102. Ademais, queda pendente unha terceira actuación, no tramo que da acceso ao núcleo de Portela, debido a que se estiveron realizando tarefas de saca […]
O Concello de Trabada informa aos seus veciños e veciñas do remate das obras de reconstrución da ponte de Paxarín, deixando atrás desta forma os problemas que se ocasionaban nos meses de maiores precipitacións de auga. “A ponte levaba en mal estado moitos anos e nos invernos a auga avanzaba por enriba impedindo o acceso […]
O Concello de Trabada solicitou dúas subvencións á Xunta de Galicia para a renovación do acabado exterior da fachada da Cámara Agraria e a instalación de iluminación ornamental no acceso e no aparcadoiro de autocaravanas. Unha vez máis, a Xunta de Galicia convocou unhas axudas que se conceden por orde de chegada das solicitudes e […]